LATRISTEZA DE LOS OGROS

tristeza-ogros

Théatre National de Wallonie-Bruxelles Teatre Lliure Teatros del Canal (Bélxica, Cataluña e Madrid)


14 de outubro 20:30 h.

Inicio

14/10/2018 - 20:30

Finalización

14/10/2018 - 21:30

Dirección

Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

OTNI

Ano 2006: Un alemán de 18 anos, disparou a cinco compañeiros do seu instituto antes de apuntarse coa súa arma. Xa anunciara o seu plan nas redes. Uns meses antes, unha austríaca da mesma idade, escapaba da casa onde vivirá dez anos secuestrada. A partir destes feitos reais técese unha fábula con elementos de ficción, un conto negro e onírico, que mostra a perda da infancia e as sombras, a soidade e o desconcerto dunha xeración de adolescentes, pragada de imaxes e de novas formas de comunicarse, pero que non sempre son escoitados. A linguaxe escénica conecta coa maneira de falar de hoxe a través das proxeccións, os vídeos en directo ou as redes sociais, creando unha obra de grande impacto visual.

Este potente e sobrecolledor espectáculo que nos quedará na memoria moito tempo, converteuse nunha obra de culto en Europa e supuxo a consagración de Fabrice Murgia, un dos novos talentos renovadores da escena europea, na actualidade director do Teatro Nacional de Bélxica. Coa súa compañía Artara busca representar o mundo coa mirada e as expresións da súa xeración.

 

 


ENTRADA: 5 € |  DURACIÓN: 70 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 15 ANOS | ATENCIÓN: ESTE ESPECTÁCULO UTILIZA LUCES ESTROBOSCÓPICAS


Intérpretes: Nacho Sánchez, Olivia Delcán e Andrea de San Juan
Escenografía: Françoise Lefebvre
Vídeo: Jean François Ravagnan
Espazo sonoro: Maxime Glaude
Vestiario: Marie-Hèlène Balau
Director técnico: Joan Lavandeira /Giacinto Caponio
Iluminación: Manu Savini
Axudante de dirección: Diego Garrido e Ana Rodríguez
Produción executiva: Nadia Corral
Adaptación: Borja Ortiz de Gondra
Dirección, texto e dramaturxia: Fabrice Murgia


 

Máis sobre a obra/grupo  

-