La estupidez

Estupidez

Feelgood Teatro (Madrid)


29 de outubro

Inicio

29/10/2016 - 21:00

Finalización

29/10/2016 - 23:59

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Un grupo de persoas intenta facerse rica en Las Vegas. Un método matemático para gañar á ruleta garda relación coa temible ecuación que encripta o segredo da Apocalipse. Dous criminais deben vender un cadro antigo roubado. A mafia siciliana fabrica unha nova estrela do pop e uns policías motorizados viven unha intensa historia de traizóns. Todo isto ocorre ao mesmo tempo.
En las Vegas.

Na hilarante road-movie en formato teatral, cinco virtuosos actores (Fran Perea, Toni Acosta, Ainhoa Santamaría, Javier Coll e Javier Márquez) interpretan 25 personaxes, nun prodixioso exercicio interpretativo e cunha posta en escena impecable.

Pero a risa desta comedia trepidante é unha risa ácida, xa que representa de maneira grotesca e desmesurada a ambición e a cobiza, o valor absoluto dos cartos nunha sociedade fragmentada, e subxace a fraxilidade da intelixencia nos tempos que corren. A obra, do premiado arxentino Rafael Spregelburd, recibiu o Tirso de Molina e foi representada en importantes teatros do mundo con éxito.

O que ocurre en Las Vegas, non sempre se queda en Las Vegas.


ESTREA EN GALICIA


Intérpretes: Fran Perea, Toni Acosta, Ainhoa Santamaría, Javi Coll e Javier Márquez.
Colaboración especial voz en off: Carlos Hipólito.
Deseño de vestiario: Arantxa Ezquerro.
Deseño de escenografía: Elisa Sanz.
Deseño de iluminación: Juan Gómez-Cornejo.
música e espazo sonoro: David Angulo.
Autor: Rafael Spregelburd.
Dirección: Fernando Soto.


ENTRADA: 15 €.

-

Páxina web

feelgoodteatro.com