Iván Off

ivanoff2

La Casa de la Portera (Madrid)


7 de outubro

Inicio

07/10/2016 - 21:00

Finalización

07/10/2016 - 23:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Antiguas

Iván tivo todo na vida: boa posición social e económica, estudos universitarios, grandes amigos e unha esposa que o amaba. Pero, por algún motivo que nin el mesmo logra explicar, a tristeza, a desesperación e o mal humor apodéranse del. Todos loitan para que volva ser o que era antes.

O protagonista de Ivanov, a obra de Antón Chejov, transfórmase en contemporáneo, e a espléndida interpretación dun grande elenco converte a obra nunha experiencia conmovedora e divertida.

Acollemos no noso festival a presentación en grande escenario dun espectáculo que colleitou un éxito rotundo en formato de
proximidade. Con el emerxeu un novo concepto de espazo escénico en España, La Casa de la Portera, na que o público se introduce na escena, e o teatro ten lugar a carón do espectador. En momentos de crise, responde tamén á inquietude
dos propios artistas de buscar vías para amosar o seu traballo.

Un home inocente non é máis que un tonto. Pero vós, as mulleres, arranxádesvos para ser inocentes de tal maneira
que conseguides ser agradables e formais pero nunca tontas.

PREMIO UNIÓN DE ACTORES COMO MELLOR ACTOR SECUNDARIO A GERMÁN TORRES


Intérpretes: Raúl Tejón, Cristina Alarcón, Germán Torres, Raquel Pérez, Ivan Villanueva, Francisco Olmo, David González, Maribel Luis e Pilar Matas.
Espazo escénico: Alberto Puraenvidia.
Ambientación musical: Antonio Martín.
Versión e dirección: José Martret.


ENTRADA: 10 €.