INCENDIOS

incendios

Ysarca e Teatro de la Abadía (Madrid)


15 de outubro 20:00 h.

Inicio

15/10/2017 - 20:00

Finalización

15/10/2017 - 23:15

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Tras permanecer nun silencio hermético durante cinco anos, falece unha nai. Déixalles un sobre a cada un dos seus fillos xemelgos que, nunha fabulosa odisea, os arrastra cara a un pasado descoñecido, que os levará a un segundo renacer. Seremos testemuñas da procura das pegadas dunha vida marcada pola guerra e o desamparo, na que o drama humano e político se entrelazan nun estremecedor relato.

Mario Gas reúne a un reparto de luxo, encabezado pola extraordinaria Nuria Espert, para a estrea en castelán desta obra clave do século XXI, do que xa é un dos máis importantes dramaturgos contemporáneos, Wajdi Mouawad.

Esta traxedia contemporánea chea de evocacións clásicas “incendiou” o corazón do público de numerosos países, e, con esta produción, converteuse nunha das grandes montaxes da tempada. Unha sobrecolledora historia épica imprescindible para os amantes do teatro..


ENTRADA: 15 € | DURACIÓN: 180 MIN


Intérpretes: Nuria Espert, Laia Marull, Carlota Olcina, José Luís Alcobendas, Carlos Martos, Germán
Torres, Alberto Iglesias, Lucía Barrado
Espazo sonoro: Orestes Gas
Escenografía: Carl Fillion
Vestiario: Antonio Belart
Iluminación: Felipe Ramos
Autor: Wajdi Mouawad
Dirección: Mario Gas

Web do grupo  

-