Hamlet entre todos

hamletentretodos

[los números imaginarios] (Madrid)


7 de outubro 19:00 h.

Inicio

07/10/2017 - 19:00

Finalización

07/10/2017 - 23:59

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

OTNI

Benvidos a Elsinore, o reino do príncipe Hamlet. Os espectadores seredes divididos en catro grupos: os homes adultos representaredes o tío de Hamlet, o novo rei Claudio; as mulleres adultas a raíña Gertrudis, a súa nai viúva; os mozos seredes o seu mellor amigo, Horacio; e as mozas a súa namorada, Ofelia. Estades todos invitados á Voda Real entre Claudio e Gertrudis onde sobrevirán escuros acontecementos.

Hamlet só na escena. El e a súa mente prodixiosa; a súa liberación e o seu cárcere. Percorre as súas emocións apoiado en cancións interpretadas en directo. Somos testemuñas mudas da súa dor, pero el precísanos para chegar ao final, ao tempo que a súa mirada e o seu silencio o condenan. Benvidos a unha experiencia inmersiva única, na que é preciso a colaboración do público para construír o mundo de Hamlet.

Este é o segundo traballo desta compañía de investigación sobre o teatro experiencial e inmersivo onde é esencial a interacción co espectador e actualización de textos de repertorio.

Notas: DURACIÓN: 4 HORAS CON DESCANSO
AFORO LIMITADO: 80 ESPECTADORES
NON RECOMENDADO A MENORES DE 14 ANOS
AOS ESPECTADORES OFRECERÁNSELLES SOBREMESAS E BEBIDAS ALCOHÓLICAS
EN DEFERENCIA AOS NOIVOS, ACONSÉLLASE VESTIR «ARREGLADIÑO», AÍNDA QUE NON SE PRECISA ETIQUETA
A TRAVÉS DE ACCIÓNS GUIADAS, DIFERENTES ESPECTADORES ASUMIRÁN ROLES DURANTE A FUNCIÓN, E PODERÁN QUEDAR Á MARXE COMO MERAS TESTEMUÑAS SE O DESEXAN


ENTRADA: 5 € | DURACIÓN: 240 MIN


Intérpretes: Alejandro Pau, Carlos Tuñón, Daniel Jumillas, Antiel Jiménez, Irene Domínguez, Miguel Ruz e Paloma García-Consuegra
Estética: Antiel Jiménez
Iluminación: Miguel Ruz
Deseño sonoro: Daniel Jumillas
Audiovisual: Gonzalo Bernal e Javier Pascual
Imaxe cadro: Silvia Grav
Coreografía combate: Marta Gómez
Asesores música: Roma Calderón e Carlos Ramos
Axudantes de dirección: Irene Domínguez e Daniel Jumillas Versión e tradución: Carlos Tuñón e Alejandro Pau
Dirección: Carlos Tuñón

Ir a la web de la compañía  

-