FILLOS DO SOL

fillos-do-sol

Contraproducións (Galicia)


27 de outubro 21:00h.

Inicio

27/10/2017 - 21:00

Finalización

27/10/2017 - 22:15

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Nota: O venres 27 as 21:00 h. a función é para abonados e invitados polo acto de entrega do Xograr de Outono ao inicio desta función. O sábado 28 as 20:30h. a función é para o público en xeral.

 

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado (papel interpretado pola actriz carballesa Alba Bermúdez). Con esta coprodución, pretendemos realizar a nosa contribución artística a unha conmemoración cultural relevante para a nosa comarca, o 100 aniversario do falecemento deste referente para as nosas letras, Eduardo Pondal, e aliámonos cun dos dramaturgos máis sólidos, Cándido Pazó, e con Contraproducións, unha compañía que recompensou a nosa confianza na obra que coproducimos na última edición do FIOT creando un dos mellores e máis premiados espectáculos da tempada.


ENTRADA: 8 € | DURACIÓN: 75 MIN


Intérpretes: César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Composición musical e espazo sonoro: Guillerme Fernández
Deseño gráfico: Juan Félix Gende
Axudante de dirección e xefa de produción: Belén Pichel
Texto e dirección: Cándido Pazó

Web do grupo  

-