FEDRA

fedra

Pentación Espectáculos (Madrid)


13 de outubro 20:30 h.

Inicio

13/10/2018 - 20:30

Finalización

13/10/2018 - 22:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Fedra, a raíña da Illa do Volcán, está enferma e ninguén acerta coa causa da súa enfermidade. E é que a gran responsable da súa doenza é unha paixón irreprimible que a atormenta; un erotismo inmoral e impúdico, un desexo violento e indómito, un amor prisioneiro. Como actuar cando razón e desexo entran en conflito?

O mito de Fedra reinterpretado con brillantez por un dos novos dramaturgos máis notables do panorama teatral actual e Premio Nacional de Literatura Dramática, Paco Becerra, convértese aquí nun poético e fermoso canto ao amor e á agonía de amar sen ser correspondido.

Recentemente estreado no Festival de Teatro Clásico de Mérida, a suxestiva posta en escena deste espectáculo transpórtanos directamente ao ardente corazón da protagonista, interpretada pola popular artista, Lolita, que encabeza un excelente equipo artístico.

 

 


ENTRADA: 15 € |  DURACIÓN: 90 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 14 ANOS


Intérpretes: Lolita Flores, Juan Fernández, Críspulo Cabezas, Eneko Sagardoy e Tina Sáinz
Escenografía: Monica Boromello
Iluminación: Juan Gómez-Cornejo
Vestiario: Almudena Rodríguez Huertas
Música: Mariano Marín
Vídeo escena: Bruno Praena
Ayudante de dirección: Álvaro Lizarrondo
Autor: Paco Bezerra
Dirección: Luis Luque
Coprodución co Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida 


 

Máis sobre a obra/grupo  

-