Eroski Paraíso

Eroski

Grupo Chévere (Galicia)


COMPAÑÍA PREMIO NACIONAL DE TEATRO 2014 21 de outubro

Inicio

21/10/2016 - 21:00

Finalización

21/10/2016 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Antiguas

Unha parella coñécese a finais dos 80 na sala de festas Paraíso de Muros. Paraíso pechou e vinte e cinco anos despois Eva traballa no supermercado dunha gran cadea que abriu no mesmo local.

A historia que separa aquela sala de festas do supermercado cóntase dende a mirada dunha filla, mirando aos seus pais a través do obxectivo dunha cámara, tratando de reconstruír a vida que nunca chegaron a ter e a transformación da nosa realidade máis próxima nestes últimos 25 anos.

Tras recibir o Premio Nacional de Teatro, esta é a primeira produción desta compañía que naceu un par de anos antes que o FIOT e participou na nosa primeira edición co mítico Río Bravo, e que é esencial para entender a nosa realidade
social, política e cultural.

Esta comedia social, que emprega a linguaxe cinematográfica, é o retrato do desarraigo dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado.

O paraíso prometido era en realidade un grande hipermercado.


Ao finalizaro espectáculo farase entrega do Xograr de Outono FIOT 2016 a Miguel de Lira.


Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez.
Iluminación e son: Fidel Vázquez.
Vídeos: Númax.
Escenografía e vestiario: Chévere.
Música: Terbutalina.
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo.
Autor texto: Manuel Cortés.
Axudante de dirección: Arantza Villar.
Dramaturxia e dirección: Xron.


ENTRADA: 7 €.