EL TRATAMIENTO

eltratamiento

La_Abducción e Buxman Producciones (Madrid)


27 de outubro 20:30 h.

Inicio

27/10/2018 - 20:30

Finalización

27/10/2018 - 22:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Un cineasta frustrado, tras moitos anos dando tombos, por fin vai estrear a súa primeira película, unha longametraxe sobre a Guerra Civil con Ovnis. No caótico esplendor do mundo do cine colaranse un mozo que imita as letras do grupo Héroes del Silencio, unha carta de amor desde o mar Exeo, unha adolescente que visita Eurodisney, unha clase de escritura creativa, produtores ao borde dun ataque de nervios…

Esta orixinal e deliciosa comedia con máis de vinte personaxes lévanos da gargallada ao nó na gorxa, entrelazando ficción e realidade, presente e pasado, recordo e memoria.

O seu autor e director, Pablo Remón, que está considerado como unha das voces máis interesantes da nosa escena, crea unha grande historia coa que nos fala da importancia de aproveitar o momento ou do camiño que hai entre o que somos e o que queriamos ter sido, reflexionando sobre cal é o sentido que ten para calquera de nós seguir contando historias.

 

 


ENTRADA: 12 € |  DURACIÓN: 90 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 13 ANOS


Intérpretes: Ana Alonso, Francesco Carril, Aura Garrido, Francisco Reyes e Emilio Tomé
Iluminación: David Benito
Deseño de son: Sandra Vicente_Studio 340
Escenografía: Monica Boromello
Vestiario: Ana López
Axudante de dirección: Raquel Alarcón
Texto e dirección: Pablo Remón


 

Máis sobre a obra/grupo  

-