El hijo que quiero tener

ConvocatoriaOTNI1-2b

El pont flotant (Comunidade Valenciana)


23 de setembro 20:30 h.

Inicio

23/09/2017 - 20:30

Finalización

23/09/2017 - 21:40

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

OTNI

Que fillo quería ter o meu pai? Que fillo querería ter eu? Que pai querería ter o meu fillo? A idea de paternidade desde diferentes puntos de vista é o tema desta proposta que fala sobre os vínculos emocionais cos fillos e cos pais. Sobre como proxectamos nos outros os nosos medos, as nosas carencias e as nosas expectativas. Do valor que require educar e do esforzo que temos que facer para entender os fillos e os novos tempos, pero tamén da dificultade de comprender as xeracións pasadas. Presente, pasado e futuro atópanse na escena para contarnos historias que falan da vida. El hijo que quiero tener é un traballo de creación colectiva, feito desde a realidade da experiencia, sen personaxes no que se produce un diálogo interxeracional xurdido dun obradoiro no que participou público do FIOT. Tres xeracións compartiron un espazo de creación onde expresaron a súa visión sobre a educación, conflitos, medos e desexos.

Unha obra conmovedora e poética que reúne as principais liñas de traballo deste compañía valenciana, que se caracteriza pola experimentación escénica, a mestura constante de realidade e ficción, a proximidade co espectador e un tenro sentido do humor.


ENTRADA: 5 € | DURACIÓN: 70 MIN


Intérpretes: Álex Cantó, Jesús Muñoz e Pau Pons
Deseño de iluminación: Marc Gonzalo e Álex Cantó
Fotografía e vídeo: José Ignacio de Juan
Audiovisuais e asesoramento artístico: Fermín Jiménez
Asesoramento de movementoDaniel Abreu
Composición musical: Pedro Aznar
Creación e dirección: Álex Cantó, Joan Collado, Jesús Muñoz e Pau Pons

 

Web de El Pont Flotant  

-