EL CICLISTA UTÓPICO

perea

Feelgood Teatro, Emilia Yagüe P. e Teatro Calderón (Madrid)


13 de outubro 21:00 h.

Inicio

13/10/2017 - 21:00

Finalización

13/10/2017 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Pode un accidente cambiar as nosas vidas? Manuel (Fran Perea), un mestre rural que vive felizmente coa súa muller e tres fillas, un día, cegado polo sol, atropela o ciclista Acebal (Fernando Soto) e esnaquiza a súa bicicleta. O ciclista está moi apesarado pola perda do seu vehículo e esperta a compaixón de Manuel. Este primeiro encontro fortuíto e accidentado, fará que xurda un forte e destrutivo vínculo entre ambos.

O texto, Premio de Literatura Dramática Fundación Teatro Calderón, é unha comedia mordaz e descarnada sobre amizade, manipulación ou desexos ocultos que escruta o revirado labirinto das relacións humanas.


ENTRADA: 12 € | DURACIÓN: 90 MIN


Intérpretes: Fran Perea e Fernando Soto
Espazo escénico: Carolina González
Iluminación: Miguel Ángel Camacho
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Música e espazo sonoro: Yayo Cáceres e Fran Perea
Dirección de produción: Emilia Yagüe
Autor: Alberto de Casso
Dirección: Yayo Cáceres

Web do grupo  

-