CRIMEN Y TELÓN

ronalala

Ron Lalá (Madrid)


11 de outubro 21:00 h.

Inicio

11/10/2018 - 21:00

Finalización

11/10/2018 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

O teatro morreu e o detective Noir ten que descubrir o asasino antes que a Axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso percorrerá a historia do Teatro na procura de verdades ocultas, mentres unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra…

Un thriller ambientado nun próximo futuro no que as artes están prohibidas e o noso planeta é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de drons. Unha investigación a contrarreloxo na que calquera pode ser culpable. Mesmo vostedes, señores espectadores.

Humor cítrico, ritmo desenfreado, poesía, música, gargalladas, provocación e un espírito xuvenil que tan ben acae neste FIOT. Con esta comedia musical, Ron Lalá realiza unha homenaxe ao teatro universal. Despois de converterse nun premiado referente nacional pola actualización do teatro clásico, volven a Carballo cun xiro ao xénero negro ao que transfiren a súa identidade, tan querida polos fioteiros, xa que de feito recolleran un novo Premio do Público do FIOT, neste caso por Cervantina, da que gozamos no 2016.

 

 


ENTRADA: 15 € |  DURACIÓN: 100 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 12 ANOS


Intérpretes: Juan Cañas, Íñigo Echevarría / Jacinto Bobo, Fran García, Miguel Magdalena e Daniel Rovahler.
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Iluminación: Miguel A. Camacho
Técnico de luces: Javier Bernat
Dirección musical: Miguel Magdalena
Son: Eduardo Gandulfo
Asistente técnico e rexidoría: Ion Martinkorena
Deseño de produción: Ron Lalá /Emilia Yagüe
Dramaturxia: Alvaro Tato
Dirección: Yayo Cáceres


 

Máis sobre a obra/grupo  

-