La crazy class

Crazy

L'Om-Imprebís (Comunidade Valenciana)


16 de outubro

Inicio

16/10/2016 - 21:00

Finalización

16/10/2016 - 22:15

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Unha ama de casa, un militar, unha bailarina, unha enfermeira, un rapaz tímido,… doce persoas acoden a unha tola e maxistral clase de teatro.

Atoparanse con Cyrano de Bergerac, La vida es sueño, Tres hermanas, Romeo e Julieta ou Hamlet e nós asistiremos a un divertido e vertixinoso cóctel de historias e emocións que tamén ten como ingredientes o humor e o amor polo teatro e no que este se funde coa vida, coa necesidade humana de poder ser outros para sobrevivir.

La Crazy Class bríndanos a ocasión de incluír na nosa celebración unha homenaxe á esencia do FIOT, o teatro, á súa forza para divertir, facer pensar, emocionar e mellorar a nosa vida. É tamén a oportunidade de asistir desde dentro ao que como espectadores nunca podemos presenciar, o xogo escénico, as luces, os telóns,… a maxia do teatro nunha montaxe completamente hilarante.

L’om-Imprebís regresa no noso aniversario coa súa última produción, creada a partir do xénero do que son pioneiros en España, a improvisación, a creación en vivo dentro do teatro, aínda que nesta ocasión nada se improvisa.

Unha carta de amor ao teatro.


ESTREA EN GALICIA


FINALISTA PREMIO VALLE-INCLÁN 2016


Intérpretes: Carles Castillo, Carles Montoliu, Santiago Sánchez e Elena Lombao.
Escenografía: Dino Ibáñez.
Vestiario: Gabriela Salaverri.
Deseño de iluminación: Rafael Mojas.
Deseño de son: José Luis Álvarez.
música: Yayo Cáceres, Mamen García e Víctor Lucas.
Coach de canto: Ángel Ruiz.
Coreografía: Paloma Díaz.
Idea orixinal: Michel López.
Creación e dirección: Santiago Sánchez e Michel López.


ENTRADA: 7 €.

-

Páxina web

www.imprebis.com