COMMEDIA

commedia

Contraproducións (Galicia)


21 de outubro 20:30 h.

Inicio

21/10/2018 - 20:30

Finalización

21/10/2018 - 22:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada

Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pensa que ela o engana. Quere matarse, pero deteno unha misteriosa voz que lle dá un anel máxico que fai perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo, pero tamén a noción das convencións sociais.

Humor, acrobacias, música en directo, diálogos mordaces, teatro físico, canto e baile sucederanse entre divertidos equívocos e enxeñosos enredos arredor do amor romántico e dos riscos da sinceridade, coa participación das principais figuras da “commedia dell´ arte”: o cutre taberneiro, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…

Vinte e cinco anos despois da súa primeira estrea, non podía faltar no FIOT un dos fitos do teatro galego polo éxito e repercusión que tivo hai 25 anos na escena galega e pola súa presenza en escenarios de España e mesmo internacionais. A compañía Contraproducións revisita esta explosiva obra co mesmo director, Cándido Pazó, e case o mesmo equipo creativo, celebrando esa festa teatral.

 


ENTRADA: 8 € |  DURACIÓN: 90 MIN.  |  RECOMENDADO A PARTIR DE 8 ANOS


Intérpretes: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta
Escenografía e vestiario: Suso Montero
Iluminación: Afonso Castro
Dirección musical: Fernando Reyes
Produción: Belén Pichel
Dirección, dramaturxia e traballo textual: Cándido Pazó


 

Máis sobre a obra/grupo  

-