Cervantina

Cervantina

Ron Lalá y Compañía Nacional de Teatro Clásico (Madrid)


23 de outubro

Inicio

23/10/2016 - 21:00

Finalización

23/10/2016 - 22:30

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo dun dos xenios indiscutibles da literatura universal. Unha festa de pezas breves que reúne as adaptacións “ronlaleiras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos doutras pezas.

Ron Lalá é outra das compañías máis aclamadas polo público do FIOT, á que acompañamos desde os seus inicios e que se converteu na revelación dos escenarios españois dos últimos anos. Despois do rotundo éxito internacional de En un lugar del Quijote, dan un paso máis na súa exploración do mundo literario cervantino a través das ferramentas da súa linguaxe escénica: o humor, a poesía, o ritmo desenfreado, a música en directo…

Esta produción converteuse nun dos imprescindibles deste ano. Unha maneira fresca, musical e divertida, de achegarse aos clásicos que constitúe un sinal de identidade desta produtora, que pola calidade do seu traballo recibiu o Premio Max á mellor compañía privada.

Con fragmentos de: Don Quijote de la Mancha, El celoso extremeño, El coloquio de los perros, El hospital de los podridos, El licenciado Vidriera, El retablo de las maravillas, El viejo celoso, La Galatea, La gitanilla, Novelas Ejemplares (prólogo), Persiles y Sigismunda, Rinconete y Cortadillo y Viaje del Parnaso, de Miguel de Cervantes.

Unha homenaxe e un encontro coa arte lúcida, lúdica, hilarante e profundamente humana do autor do Quijote


Intérpretes: Yayo Cáceres, Íñigo Echevarría, Daniel Rovalher, Juan Cañas, Miguel Magdalena e Álvaro Tato.
Escenografía e atrezzo: Carolina González.
Vestiario: Tatiana de Sarabia.
Iluminación:Miguel Ángel Camacho.
Dirección literaria: Álvaro Tato.
Dirección musical: Miguel Magdalena.
Versión e composición musical: Ron Lalá.
Dirección: Yayo Cáceres.


ENTRADA: 15 €.

-

Páxina web

www.ronlala.com