CAMARÉ SONAMBULANTE

camare

Antón Coucheiro (Galicia)


14 de outubro 13:00 h.

Inicio

14/10/2018 - 13:00

Finalización

14/10/2018 - 14:00

Dirección

Praza do Concello

Categorías

Teatro de Rúa

Unha viaxe noctámbula, un cabaré portátil, un show de variedades a bordo du nha cama, onde viviremos o universo dun bufón que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas. Mais quen está esperto, quen durme e quen soña?

O clown, a danza, o circo e a maxia van da man nesta comedia visual sen palabras que precisa do público para triunfar.

O polifacético actor, director, dramaturgo e clown Antón Coucheiro estrea en Carballo o seu último espectáculo.

 


PRAZA DO CONCELLO | 60 MIN


 

Intérprete: Antón Coucheiro
Asistencia en clown e bufón: Pedro Fabiâo
Escenografía: Coti
Vestiario: Uxía P. Vaello
Dirección: Natalia Outeiro “Pajarito”

-