As vacacións máis longas

vacacions-longas

DIEGO M. BUCETA


20 de outubro 13.00 h, 13.30 h , 19.00 h e 19.30 h

Inicio

20/10/2018 - 13:00

Finalización

20/10/2018 - 20:00

Dirección

Galería de Arte Manolo Eirín (Rúa da Estrela, nº 17)

Categorías

Microteatro

“Eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo”.

Neste espectáculo de danza contemporánea o bailarín propón unha viaxe de evasión, romper esa corda de tensión e abandonarse placidamente á exclusión, ao abandono, ao esquecemento. A simplemente ser.

Diego M. Buceta traballa tanto en solitario como formando parte doutras compañías. Esta creación iniciouna no ano 2016, participando con ela no programa de residencias artísticas Paraíso e diversos certames.

 


DURACIÓN: 20 MINUTOS | AFORO: 20 ESPECTADORES | TODOS OS PÚBLICOS


 

Iluminación: Laura Iturralde.
Creación e interpretación: Diego Martínez Buceta

-