ARTE

arte

Kamikaze Producciones (Madrid)


21 de outubro 20:30 h.

Inicio

21/10/2017 - 20:30

Finalización

21/10/2017 - 22:00

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Categorías

Portada , PS

Sergio mercou un cadro. É unha tea branca e, se entornamos os ollos, podemos distinguir unhas finísimas liñas brancas. Ou polo menos iso intenta percibir o seu amigo Marcos ante a indiferenza de Iván.

A obra artística desencadeará un combate dialéctico entre os tres amigos unidos desde a adolescencia, pero que o tempo levou por camiños moi distintos, no que se pon en cuestión a arte, a amizade, o éxito e a subxectividade da nosa mirada.

Esta divertida comedia, que contén tamén unha alta dose de veleno, é xa un clásico contemporáneo representado en medio mundo, agora dirixido por Miguel del Arco que á fronte de Kamikaze Producciones, considérase un dos renovadores do teatro actual. O que é hoxe un dos proxectos escénicos máis interesantes de España, Kamikaze, estivo presente no FIOT desde o seu primeiro grande éxito, La función por hacer, e acompañounos con outros espectáculos memorables como Juicio a una zorra.


ENTRADA: 12 € | DURACIÓN: 90 MIN


Intérpretes: Roberto Enríquez, Cristóbal Suárez e Jorge Usón
Tradución: Fernando Gómez Grande e Rodolf Sirera
Escenografía e vestiario: Alessio Meloni
Iluminación: Pau Fullana
Deseño de son: Sandra Vicente
Música: Arnau Vilà
Axudante de dirección: Gabriel Fuentes
Dirección de produción: Jordi Buxó e Aitor Tejada
Autora: Yasmina Reza Dirección: Miguel del Arco

Web de Kamikaze P.  

-