A carta

Carta

Paolo Nani Teater (Dinamarca)


28 de outubro

Inicio

28/10/2016 - 21:00

Finalización

28/10/2016 - 22:10

Dirección

Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

No mesmo ano no que naceu o FIOT, 1992, Paolo Nani e Nullo Facchini crearon A carta, converténdose nun éxito
instantáneo, e desde entón non deixou de viaxar polo mundo, representándoa en preto de 1.000 ocasións.

O virtuoso clown non precisa as palabras para contar unha historia de 15 maneiras e encher de risa cada minuto. A súa precisa linguaxe corporal, o mimo, as “acrobacias” faciais, o perfecto ”timing” cómico, os orixinais gags, a complicidade co público,… fan deste divertidísimo espectáculo unha inesquecible antoloxía da comedia, que permanece na carteleira escénica
tras vinte e cinco anos.

Aínda que italiano, Paolo Nani creou esta obra co Teatro Cantabile 2, de Dinamarca, onde segue residindo e onde en 1995 creou a súa propia compañía. Compaxinou a representación deste espectáculo coa creación doutros, tamén exitosos.

Un home entra, bebe algo e escribe unha carta…


Intérpretes: Paolo Nani.
Creación: Paolo Nani e Nullo Facchini.
Direción: Nullo Facchini.


ENTRADA: 7 €.

-

Páxina web

www.paolonani.com