ESCOLA DO ESPECTADOR

ESCOLA DO ESPECTADOR

Continuamos cun proxecto iniciado hai xa dous anos, a Escola do Espectador, coa que facilitamos o achegamento do feito teatral aos espectadores e a formación naqueles aspectos artísticos e técnicos que permitan a comprensión, amplíen a súa lectura e formen unha opinión fundamentada sobre eles, como un instrumento de aprendizaxe e goce cultural.

Coa guía de Camilo Franco, o crítico de teatro que nos acompañou neste proxecto desde o seu inicio, e acompañados dun vermú ou aperitivo, celebraremos catro sesións de exposición e debate que tomarán como punto de partida as obras programadas no FIOT.


Organiza: AC Telón e Aparte