ENCONTRO ENTRE ESCENA GALEGA, ORGANIZADORES DE FESTIVAIS E PROGRAMADORES

O FIOT busca tamén a creación dun espazo de reflexión coas estruturas creativas e de produción das artes escénicas. Convidamos a Escena Galega (a asociación de compañías e distribuidores das artes escénicas de Galicia) a realizar unha asemblea en Carballo durante o Outono de Teatro e convocaremos a programadores e organizadores de festivais a unha xuntanza con esta asociación, para buscar sinerxías entre dúas partes tan importantes da estrutura teatral.

A sesión da tarde estará aberta a público xeral.

Programa máis detallado en fiot.gal e redes sociais.

Data: xoves, 19 de outubro
Lugar: Pazo da Cultura