DÁLLE UN BOCADO AO FIOT

Durante o mes de outubro, o FIOT chega tamén a un grupo de establecementos de hostalaría de Carballo (restaurantes, cervexarías, viñotecas ou cafetarías) que preparan os seus “bocados” especiais inspirados no Outono de Teatro. Todos os que proben unha destas tapas, pinchos ou almorzos participan nun sorteo de entradas para o FIOT, ademais dunha cea e aloxamento de balde nun establecemento de Carballo.

Os clientes dos locais participantes sorprenderanse con pequenas intervencións teatrais relacionadas coa temática do FIOT de novos actores e actrices carballeses, dirixidos pola actriz Alba Bermúdez.
Lugar: Establecementos de hostalaría de Carballo
Data: mes de outubro
Organiza: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo