Comeza a venda de bonos para socios do FIOT

Comeza a venda de bonos para socios do FIOT

O prazo de compra estará aberto desde este sábado 19 e ata o mércores 23 de setembro no 902 504 500.

A partir do venres 25, o público en xeral poderá adquirir os vales a través do sistema de televenda de ataquilla.com ou por teléfono.

O prezo é de 70€, 2€ menos có ano pasado grazas ás achegas financieiras das entidades patrocinadoras públicas e privadas, e 65€ para o reducido.


 

Desde este sábado 19 e ata o mércores 23 de setembro estará aberto o prazo para que os socios da Asociación Cultural Telón e Aparte adquiran o seu bono para asistir a todas as representacións do auditorio no teléfono 902 504 500 (9.00h a 22.00h). En total poñeranse á venda 210 vales, reservándose unha butaca determinada para cada un. O prezo é de 70€, 2€ menos có ano pasado grazas ás achegas financieiras das entidades patrocinadoras públicas e privadas, e 65€ reducido (estudantes con carné acreditativo, maiores de 65 anos e parados con documento xustificativo).

A partir do venres 25 de setembro, o público en xeral poderá comprar os bonos restantes e entradas soltas para as funcións de sala a través do sistema de televenda de ataquilla.com (antes Servinova) ou no teléfono 902 504 500 (9.00h a 22.00h). De quedar butacas libres, os espectadores poden acudir á billeteira do Pazo da Cultura, hora e media antes do inicio (19.30 a 21.00h) de cada función.

Tamén a partir do venres da vindeira semanas, os tickets da Rúa dos Contos poderán adquirirse tanto os días de función como antes nos locais participantes, excepto para as sesións dobres da Rúa dos Contos (4 e 10/10) que se fará vía telemática e na billeteira do Mercado Municipal os días de función. Os socios de Telón e Aparte teráno 50% de desconto presentando o seu carné.

Prezo dos espectáculos

Os prezos das entradas para todos os espectáculos do Outono de Teatro, e ao igual que anos anteriores, continúan sendo accesibles para todos os públicos.

Funcións de sala
7€: “Juanita Calamidad” (9/10), “Édipo” (11/10), “Los nadadores nocturnos” (16), “Constelaciones”. (18/10), “Presidente” (23/10) e “Otelo” (30/10).
10€: “Los esclavos de mis esclavos” (24/10).
15€: “El testamento de María” (17) e “Ojos de agua” (31/10).

Ciclo OTNI
3€: “Latente” (12/10), “Locus Amoenus2 (25/10) e “Strpts // Episodio 1: Mirlo&Rula” (29/10).
1 €: “Mamá gallina” (17/10). Acceso gratuíto para abonados previa reserva de invitación ata o 10 de outubro.

XVII Rúa dos contos
5€: (sesións dobres) “El pueblo de los mellados”, de Félix Albo e “A galiña”, de Mofa e Befa (4/10); e “Mr. Kebab”, de Pez en Raya e “Filosolfando”, de Boneca Lareta (día 10).
4€: Federico Pérez (09/10); Quico Cadaval (12/10).
3€: Pepo Suevos (02/10); Chanson Mor Món (03/10); Avelino González (09/10); Os Revenidos (10/10).
Entrada libre: Homenaxe a Alberto Gende (26/09); Os Quinquilláns, Paula Carballeira (02/10), Daboapipa, Manuel de Eva (03/10); Os sete magníficos máis un e Oswaldo Digón (11/10).

O FIOT está coorganizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo; e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Agadic, da Deputación da Coruña e do Ministerio de Cultura a través do Inaem, así como de Fundación Luís Calvo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *