Casi 300 nenos participaron no Concurso Teatro Lido, que este domingo entrega os seus premios

Casi 300 nenos participaron no Concurso Teatro Lido, que este domingo entrega os seus premios

Un total de 275 nenos e nenas participaron no XVII Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”, que este domingo 5 de novembro ás 18.00 h celebra a súa final no auditorio do Pazo da Cultura de Carballo.

O certame celébrase no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), organizado polo Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro.

Na final competirán sete grupos seleccionados polo xurado, formado por afeccionados e profesionais do teatro, representantes do ensino e de Radiovoz, e que son os seguintes:

1ª CATEGORÍA

– CEIP CANOSA-RÚS, SUPERHEROES, DO GRUPO TEATRÚS.

– CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO, O RABAÑO, DO GRUPO AS OVELLIÑAS.

– CPR ARTAI, O SOÑO DO VERME, DO GRUPO SOLPOR.

– CRA PONTE DA PEDRA – SÍSAMO, LOBO FEROZ, DO GRUPO A RAÍÑA DOS VILARES.

2ª CATEGORÍA

– CEIP FOGAR, UN MÉDICO DESESPERADO, DO GRUPO BILITROQUE.

– IES ALFREDO BRAÑAS (Carballo), O MERLO BRANCO, DO GRUPO ENTRE GUIÓNS.

– IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso), A FÉ, DO GRUPO OS ROMÁNTICOS.

Na final, os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e, tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores.

O acto estará presentado pola compañía Caxoto Contacontos que, ademais de ser o mestre de cerimonias, amenizará a final cunha sesión de contos destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes, que recibirán un diploma que poderá ser recollido polos representantes de cada grupo ao finalizar o acto.

>> Sigue todas as novidades do festival en FacebookTwitter e Instagram.