CAFÉ CON…

CAFÉ CON…

Encontros entre espectadores e grupos teatrais que pretenden aproximarnos ao proceso creativo, á linguaxe e aos códigos de interpretación dun espectáculo, amosando de primeira man o proxecto artístico da compañía e da obra, resolvendo dúbidas e curiosidades ou intercambiando opinións. Un agradable espazo de comunicación tomando un café. Sempre que as circunstancias das compañías e da montaxe dos espectáculo o permitan, celebrarase todos os días de función.
Datas: os días das representacións
Lugar: Pazo da Cultura
Horario: 19.00 h, habitualmente, aínda que se concretará durante o festival en función dos condicións da montaxe de cada espectáculo.

Aberto a todos os espectadores sen necesidade de inscrición previa.