Café con…

Café con…

Encontros entre espectadores e grupos teatrais que pretenden aproximarnos ao proceso creativo, á linguaxe e aos códigos de
interpretación dun espectáculo, amosando de primeira man o proxecto artístico da compañía e da obra, resolvendo dúbidas e
curiosidades ou intercambiando opinións. Un agradable espazo de comunicación tomando un café.

Sempre que as circunstancias das compañías e da montaxe dos espectáculo o permitan, celebrarase todos os días de función.

Aberto a todos os espectadores.


Datas: os días das representacións.
Lugar: Pazo da Cultura.
Horario: 19.00 h, habitualmente, aínda que se concretará durante o festival en función das condicións da montaxe de cada espectáculo.

Deixa unha resposta