As principais compañías teatrais celebran a Asemblea Xeral de Escena Galega en Carballo

As principais compañías teatrais celebran a Asemblea Xeral de Escena Galega en Carballo

Escena Galega, a asociación de referencia das artes escénicas de Galicia, celebrará mañá a súa Asemblea Xeral en Carballo, coincidindo coa XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).

A reunión terá lugar mañá 19 de outubro entre as 11.30 e 13.30 h no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo (2ª planta). Asistirán case unha vintena de compañías das 34 que forman parte da entidade e que representan á maioría do sector na nosa comunidade. Entre elas, estarán Grupo Chévere, Contraproducións ou PT Excéntricas, entre outras.

Os medios gráficos poderán tomar imaxes da Asemblea ás 12.30 h (hora flexible). Tras a reunión, pola tarde, entre as 16 e 18 h, as compañías reuniranse co FIOT e outros festivais para analizar novas e posibles sinerxías que poden desenvolver xuntos co obxectivo de dar un maior impulso ao sector en Galicia.

>> Máis información na nosa web e no FacebookTwitter e Instagram.