Xograr de outono 2018: Manuel Lourenzo

O FIOT quere recoñecer a un referente do teatro en Galicia, o dramaturgo, director, actor, promotor teatral e formador de xeracións de actores, Manuel Lourenzo.

VOLUNTARIADO FIOT

O FIOT conta desde hai nove anos cun programa de voluntari@s que implica a afeccionados ao teatro no desenvolvemento do festival. ¡Únete ao noso fantástico equipo!

DÁLLE UN BOCADO AO FIOT

Durante o mes de outubro, o FIOT chega tamén a un grupo de establecementos de hostalaría de Carballo que preparan os seus “bocados” especiais.

PREMIO DO PÚBLICO OUTONO DE TEATRO 2018

Participa na programación de videiras edicións do FIOT expresando a túa opinión sobre os espectáculos.

EXPOSICIÓN BIBLIOTECA DE XOÁN MANUEL LÓPEZ EIRÍS: O EXLIBRIS DO TEATRO

Exposición bibliográfica dunha selección do valioso fondo de máis de 2000 volumes doado ao Concello de Carballo no 2014 por Xoán Manuel López Eirís.

EXPOSICIÓN XX ANIVERSARIO DA RÚA DOS CONTOS

Hai 20 anos que o FIOT inaugurou en Carballo unha Rúa. Unha rúa para encher de historias, de humor, de provocación, de... vida.

ZOOM FIOT 2018

Seguimento fotográfico do FIOT 2018 realizado por varios fotógrafos convidados que achegarán o obxectivo fotográfico ao Festival.

OBRADOIRO DO ESPECTADOR: SALVADOR, TEATRO, EMIGRACIÓN E MEMORIA FAMILIAR

Borja Fernández, o autor de Salvador, ensinaranos as tripas do proceso de elaboración e documentación do espectáculo.

CAFÉ CON…

Encontros entre espectadores e grupos teatrais que pretenden aproximarnos ao proceso creativo.

ESCOLA DO ESPECTADOR

Coa guía de Camilo Franc celebraremos catro sesións de exposición e debate que tomarán como punto de partida as obras programadas no FIOT.

Noite branca

Como en cada edición, os máis pequenos terán unha oportunidade de coñecer os segredos do teatro. PODES INSCRIBIRTE AQUÍ!

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DO FIOT 2018

A Aula de Teatro Municipal do Concello de Carballo, a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo realizarán a presentación oficial do programa da 27 edición do FIOT.