Escola do espectador

Volvemos a contar cun dos críticos teatrais máis relevantes de Galicia, Camilo Franco, para dirixir as cinco sesións previstas (de periodicidade semanal) que tomarán como punto de partida as obras programadas no FIOT.

Café con…

Encontros entre espectadores/as e grupos teatrais para aproximarnos ao proceso creativo, á linguaxe e aos códigos de interpretación dun espectáculo.

Obradoiro do espectador de ‘Eroski Paraíso’ co Grupo Chévere

Un encontro cos creadores de Eroski Paraíso para coñecer o procedemento de creación do espectáculo.

Exposicións

A exposición principal é a que percorre os 25 anos do FIOT, pero tamén haberá unha mostra coa imaxes realizadas por nove fotógrafos na edición do pasado ano.

Premio do público “Outono de Teatro 2016”

Trátase dunha das iniciativas máis antigas do FIOT coa que se pretende implicar aos espectadores a colaborar coa programación puntuando cada espectáculo.

Dálle un bocado ao FIOT

Bocados especiais inspirados no FIOT nos locais de hostalaría de Carballo. Os clientes que proben estas tapas participarán no sorteo de varios premios.
rua-contos

Narración, monólogos, teatro, maxia, música, títeres, teatro xestual, tradición oral, cabaré, humor, humor, humor… 8 intensas e longas noites (e algunha mañá), en tres fins de semana, con 17 obras, algunhas en formato dobre. Catro destes espectáculos serán estreas, 3 delas absolutas e unha en Galicia.

Este será o especial menú que nos servirá o FIOT, en complicidade con 10 locais de hostalaría carballeses na edición da maioría de idade da Rúa dos Contos, a 18. Acompaña este apetitoso e saudable festín teatral cunha auga, unha cervexa ou un café que che axude a seguir o ritmo.

Non perdas as especiais sesións do Mercado, onde atoparás produtos gourmets e todo fresquiño.

Imos ao encontro dos espectadores en tascas, bares, cafetarías, pubs…

s2