Aberta a convocatoria para o Obradoiro Interxeneracional da compañía El Pont Flotant

Aberta a convocatoria para o Obradoiro Interxeneracional da compañía El Pont Flotant

A compañía El Pont Flotant abre a convocatoria para un Obradoiro Interxeneracional para que aqueles que o desexen podan participar na súa próxima montaxe teatral.

Os participantes formarán parte do seu espectáculo ‘El hijo que quiero tener’, que poderá verse na XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo o sábado 23 de setembro, dentro da programación do Ciclo OTNI.

O obradoiro escénico para afeccionados a cargo de El Pont Flotant propón unha experiencia conxunta entre os membros da compañía e persoas de diferentes xeracións. A través de propostas sinxelas e lúdicas que misturarán coa improvisación, a expresión corporal e o xogo, entre outros, os participantes vivirán unha experiencia creativa excepcional ademais de participar na obra ‘El hijo que quiero tener’.

Este espectáculo ‘El hijo que quiero tener’ é unha reflexión sobre a educación e o papel dos pais, dos avós, dos mestres e dos fillos no proceso de aprendizaxe. A montaxe realízase grazas ao obradoiro previo, onde tres xeracións comparten un espazo de creación colectiva e expresan a súa visión sobre este tema.

El Pont Flotant é unha compañía valenciana que se creou no ano 2002, e que nace como grupo de investigación sobre técnica do actor. O seu traballo caracterízase por unha clara vontade de investigación escénica, a mistura constante de realidade e ficción na escea, a proximidade co espectador, o sentido do humor e a capacidade de provocar reflexión… As súas pezas teatrais son o resultado dun traballo de creación colectiva, caracterizado pola búsqueda e reflexión a propósito de novas formas de comunicación e expresión teatrales contemporáneas.

CÓMO APUNTARSE:

Podes descargar e enviala cumplimentada ESTA FICHA ao correo electrónico: fiot.carballo@gmail.com. No caso de que se queira entregar en man pódese facer nas oficinas de Cultura do Concello de Carballo entre as 10.00 e as 14.00 h.