A nova programación de Sala, o Fiotiño e a Rúa dos Contos protagonizan o segundo fin de semana do FIOT

A nova programación de Sala, o Fiotiño e a Rúa dos Contos protagonizan o segundo fin de semana do FIOT

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo non da tregua e presenta o seu segundo fin de semana con novos espectáculos na Rúa dos Contos, o inicio do teatro de sala e un programa especial para os máis pequenos, o Fiotiño. A primeira actuación na Rúa dos Contos terá lugar na Cervexaría Ágora ás 21.00 horas, con Lois Pérez e o seu espectáculo “Historias da fronteira”. Unha mestura de humor e tradición oral.

As risas continuarán cun imprescindible da Rúa dos Contos: Cándido Pazó, ás 23.00 horas na Cafetería Valle Inclán co monólogo “Como cho conto”, un rosario de historias e contos sobre cousas cotiás que parecen mentira.

O domingo día 7 de outubro ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, o FIOT arrincará as sesións do teatro de sala. A compañía madrileña La Tristura estreará en Galicia a obra “Future Lovers ”. Unha oportunidade única para que o público poida presenciar a obra dunha das compañías de teatro contemporáneo máis importantes de España con gran proxección internacional.

“Future Lovers ” abre unha ventá á vida dos mozos nacidos arredor do ano 2000, representando un sincero retrato sobre a xeración dos ” millenials”. Un fermoso espectáculo entre a realidade e a ficción, contundente e próximo ao público.

“Future Lovers” presenta unha coidada escenografía e segundo a crítica, «é un espectáculo que non podes perder se tes 17/18 anos ou se tes fillos con estas idades». Esta obra inicia o ciclo de teatro de sala porque a xuventude é un dos eixos da 27.ª edición do FIOT.

 

Noite branca: O FIOTIÑO 

Os máis pequenos tamén teñon o seu propio programa: O FIOTIÑO. Un ano máis terán a oportunidade de coñecer os segredos do teatro e vivir unha experiencia inesquecible e moi enriquecedora arredor do mundo máxico do teatro. Será no Pazo da Cultura de Carballo. Participan neste mini campamento 25 nenos e nenas de 6 a 12 anos. Coñecerán como é un teatro por dentro, participarán de divertidos obradoiros e memo crearán unha pequena obra de teatro. Os pequenos pasarán unha noite de teatro, xogos, sorpresas e contarán coa presenza duns convidadados moi “espaciais”.

 

Sábado e domingo: RÚA DOS CONTOS y TEATRO DE RÚA

O sábado 6 de outubro terá lugar unha nova sesión de Teatro de Rúa, será ás 20.00 horas na Praza do Concello, onde o grupo Erori mostrará o espectáculo Cair Circo: malabares, acrobacias, caídas e coreografías perseguindo un maletín.

O sábado tamén terá lugar unha actuación no Mercado Municipal, ás 21.30 horas o dúo arxentino Sutottos ofrecerá “Inestable”; actuación que se distingue polo humor e a sinxeleza. Un fenómeno de ” off porteño” que recala en Carballo.

O sábado, día 6 de outubro, continuarán os espectáculos da Rúa dos Contos no Pub O Patacón, onde ás 00.00 horas Las Antonias presentarán “Boleros e outras delicias”, un show musical de temas moi coñecidos aos que as artistas dan unha visión moi persoal.

A xornada dominical comezará cunha nova representación da Rúa dos Contos, ás 13.00 horas na Cervexaría A Bombonera a cargo de La Mosca Valiente,  que substitúen aos madrileños Chanson Mormon dadp que un dos seus compoñentes debe permanecer inmobilizado debido a un accidente de tráfico.