A compañía Yllana presenta a súa obra ‘Yllana 25’, coa que se abre este venres o FIOT 2016

A compañía Yllana presenta a súa obra ‘Yllana 25’, coa que se abre este venres o FIOT 2016

• A modo de aperitivo do FIOT a compañía madrileña levará ao Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo o espectáculo co que celebra os seus 25 anos de historia.


 

Que mellor prólogo para o FIOT 25 que o que podemos realizar cunha das compañías máis queridas polos fioteiros e que tamén celebra o seu 25 aniversario? Isto foi o que pensaron os organizadores do festival, que mañá estarán acompañados polos membros da compañía madrileña ( Fidel Fernández, Jony Elías, Luis Cao e Juanfran Dorado) e de representantes do Concello de Carballo para presentar o seu espectáculo.

Trátase dunha montaxe coa que Yllana recupera algúns dos seus mellores gags para celebrar a sua traxectoria de 25 anos. Baixo o título ‘Yllana 25’, incorpórase á programación do 25 aniversario do FIOT a modo de Aperitivo do festival, que arrincará oficialmente o próximo venres día 30.

A presentación do espectáculo terá lugar mañá, venres ás 13.30 horas, no Pazo da Cultura de Carballo, en cuxo Auditorio terá lugar a representación de ‘Yllana 25’ ese mesmo día as 21:00 horas. Máis información sobre esta función, aquí.